Ariana Romaní
Psicóloga Sanitaria
Servizos:
Ofrezo terapia individual
Formato presencial e/ou online
Para persoas adultas de todas as idades e adolescentes maiores de 16 anos.
A terapia está orientada…
á axuda integral á persoa naquelas dificultades que enfronte, xa sexan anímicas, de autoestima, relacionadas co consumo de sustancias, o emprego disfuncional das redes sociais, o dolo pola perda dun ser querido, os problemas nas relacións sociais e/ou de parella, académicos e/ou laborais, os medos, as dúbidas que dificultan a toma de decisións…
Filosofía de traballo
Aceptación incondicional
Aceptar a esencia da outra persoa independentemente da súa conduta, sen xuízos, maximizando o respecto aos seus propios valores e metas na vida.
Confianza mutua
O vínculo entre paciente e terapeuta é clave na boa evolución da terapia, é por iso que establecer unha comunicación honesta baseada na confianza e no respecto, resulta para min fundamental.
Respecto
Respecto ás preferencias, crenzas e valores da persoa, preservando a súa intimidade. A persoa que solicita axuda conforma o centro de todo proceso, é parte activa no mesmo e decide como desexa vivir. O meu papel como psicóloga é acompañar e guiar, pero nunca cambiar quen é ou os seus valores.
Responsabilidade
Como psicóloga é importante para min a evidencia científica, empregando técnicas e terapias de eficacia probada e facendo un uso consciente da comunicación terapéutica en base a eses mesmos principios.
Cursos, proxectos e materiais
Tarifas
Entrevista inicial (90 min)
80€
Sesión de terapia (1 hora)
60€
Bono de terapia semanal (4 sesións a desenvolver con frecuencia semanal)
200€
Desconto de 10€ por sesión a persoas desempregadas e estudantes (previa acreditación de dita situación), non acumulable ao bono