Sobre min
O meu interese pola psicoloxía xurdiu dende ben pequena, cando me decantaba por lecturas, documentais e entrevistas que trataban a saúde mental, sen ser eu moi consciente daquilo.
Non entanto, comecei a miña andadura profesional noutro eido, formándome como enfermeira e traballando como tal durante 8 anos. Foi aí cando afiancei o meu interese pola saúde mental, o trato humanizado ante o sufrimento dos demais e a importancia de prestar servizos tendo en conta as circunstancias, necesidades e desexos de quen os recibe.
Por isto, decidín formarme un pouco mais, completando os estudos de Grado Universitario en Psicoloxía e posteriormente o Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria.
Tendo claro xa o meu desexo de adicarme a esta rama da saúde, seguín e sigo adquirindo formación mais específica que me axude a ofrecer uns servizos mais especializados e efectivos para as persoas usuarias, ampliando a miña formación en temáticas como as adicións, o dolo, a adolescencia, a psicooncoloxía, a violencia machista, a perspectiva de xénero, o malestar emocional, a terapia breve estratéxica, o suicidio e as emerxencias e catástrofes, entre outros.